Archivo de la categoría: Parroquias

A parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos celebra a romería de San Caetano os días 18 e 19 de agosto coa XXII edición da festa da tortilla

A parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos celebra a romería de San Caetano os días 18 e 19 de agosto coa XXII edición da festa da tortilla

14-08-17

FOTO COMISIÓN ORGANIZADORA FESTA DA TORTILLA 2Celeiro de Mariñaos, 14 de agosto de 2017. O vindeiro fin de semana, venres 18 e sábado 19, celébrase na parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos a Romería de San Caetano, co a XXII edición da Festa da Tortilla. O evento terá lugar a carón da capela do mesmo nome.
Desde a Asociación Veciñal e Cultural “Irmandade San Caetano”, organizadores da festa convidan a asistir á mesma, ofrecendo un programa de actividades moi completo, para todo tipo de público, un programa participativo para disfrutar dous días nun marco natural de gran beleza gozando da música, da gastronomía, de xogos populares e actividades para nenas e nenos entre as que destacan o teatro de monicreques.

O venres 18, a partir das 9 da noite haberá torrezmada e chourizada e actuarán GAITA ESCOLA, de Mondoñedo. Despois actuarán DANI ROYO & VERSIÓNS BAND, grupo que adeamais de temas actuais, versiona temas dos 80 e 90.

O sábado 19 haberá concurso de tortillas, podendo presentarse éstas entre as 12 e a 1. Despois, á 1 da tarde terá lugar a misa e a procesión na capela de San Caetano e seguidamente, sesión vermú coa charanga DGT, e degustación da Gran Tortilla de San Caetano.
Pola tarde haberá xogos populares e volverá a actuar a charanga DGT. Ás 7 da tarde, haberá teatro de monicreques a cargo da compañía BABALUVA TEATRO. Ás 8 da tarde terá lugar o concruso Máster Tortilla, onde os concursantes terán que elaborar a tortilla en directo, no mesmo campo da festa, e deberán ir provistos das súas respectivas tixolas; os ingredientes aportaos a comisión.
Pola noite haberá verberna co dúo DIAMANTES – Chechu e Salva, e celebrarase o tradicional Baile do Farolillo. E para rematar a festa haberá unha Gran Chocolatada.

O BNG de Barreiros critica que operarios municipais limpen fincas privadas

O BNG de Barreiros critica que operarios municipais limpen fincas privadas

Os nacionalistas sinalan que se rozan propiedades da Igrexa mentres que espazos públicos do concello seguen sen arranxar

Imaxe difundida polo BNG de Barreiros da limpeza dunha finca privada. BNG BARREIROS
Imaxe difundida polo BNG de Barreiros da limpeza dunha finca privada. BNG BARREIROS
Viernes 21 de Julio de 2017 | C. Méndez | Barreiros
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Barreiros, a través da súa portavoz, Ana Ermida sinalou que o alcalde barreirense, Alfonso Fuente “está mandando limpar fincas privadas, como as pertencentes á Igrexa, mentres que existen espazos públicos no concello que seguen sen arranxar”.

Desde o BNG sinalaron que “estes días houbo persoal municipal limpando a coñecida como a Horta do Cura, en San Miguel, unha finca que ademais de ser propiedade da Igrexa Católica nen sequera é de uso público”.

Dende o BNG sinalaron que “se somos laxos na interpretación da separación da Igrexa e os poderes públicos, podemos chegar a valorar que se limpen espazos que son propiedade da Igrexa, pero que son de uso público, como as entradas das igrexas” mais manifestaron que a agrupación municipal non entende que se destine persoal e medios municipais a limpar unha horta pechada que non ten uso público.

A agrupación nacionalista declarou que “non é de recibo destinar fondos públicos para adecuar fincas privadas cando vemos como están espazos públicos ou camiños, especialmente da zona do interior”.

Para os edís do BNG este tipo de actuacións responden ao nerviosismo do alcalde e do seu equipo ante a falta de planificación dos traballos.

Neste punto sinalaron que “deducen os traballos a facer en función das protestas ou da presión que teñen. De feito nestes días adicáronse a saír ó paso das cousas que denunciamos publicamente desde o BNG”.

A portavoz nacionalista, Ana Ermida, pediulle ao goberno local que actuara en espazos municipais “como arredor dos locais de Cabarcos, os camiños sen rozar e cunetas sen limpar”, e que “deixe que as fincas da Igrexa as limpen os propietarios, que para iso teñen un orzamento e reciben cartos públicos, ademais de non pagar impostos como a contribución ao Concello, que o resto dos mortais pagamos relixiosamente, sexamos católicos ou non”, declararon.

Perra de caza perdida o abandonada

Buenos días, soy Ángeles de Regó, te agradecería que me pusieras en la página una foto de una perrita de caza que está perdida o abandonada, esta en mi casa desde el miércoles, se quedó aquí con mis perros,te adjunto foto,  gracias de antemano, un saludo.

Esta casa está en Benquerencia a 50 m. de la Iglesia, preguntar pos casa de Rego.

El carbono 14 revela que A Roda, el Stonehenge gallego, se construyó hace 3.700 años

Círculo A Roda

El carbono 14 revela que A Roda, el Stonehenge gallego, se construyó hace 3.700 años

La Dirección Xeral de Patrimonio avanza que tiene previsto promover un proyecto integral de conservación

JOSÉ ALONSO BARREIROS / LA VOZ, 22 de enero de 2016. Actualizado a las 05:00 h. 2

La concejal Adela Rodríguez y el arqueólogo Ignacio Senín, ayer en el yacimiento de A Roda.

La Dirección Xeral do Patrimonio aseguró que tiene previsto elaborar un proyecto integral de conservación del yacimiento de A Roda, en Barreiros, sobre el que el pasado verano llevó a cabo una serie de trabajos arqueológicos que, según la Consellería de Cultura, «permitiron a limpeza e retirada de vexetación da excavación arqueológica, así como a realización dunha sondaxes na estrutura circular que a define. Entre outros aspectos documentouse o sistema construtivo e, como resultado das análises radiocarbónicas fixouse o momento da construción do xacemento no Bronce Medio (séculos XVII e XVI a. C.)».

Esta intervención, que financió Cultura con 9.000 euros, fue la segunda en el yacimiento, después de que en el año 2006, en el contexto de las obras de la A-8 Barreiros-Reinante, se llevase a cabo una primera excavación arqueológica que permitió documentar un yacimiento que inicialmente se pensaba que era un castro. Pero no es así, ya que tiene similitudes con los henge británicos, al estar configurado por un recinto circular definido por un foso y un parapeto sobre el que se asienta un muro en el exterior del recinto y otro en el interior, cubierto parcialmente por un nivel de piedra.

Escombros de obra: ¿para denunciar su olvido?

La concejal delegada de Cultura de Barreiros, Adela Rodríguez, y el arqueólogo del Servicio de Patrimonio Cultural de Lugo, Ignacio Senín, visitaron ayer el yacimiento de A Roda, donde continúan los restos de residuos de la construcción depositados hace días. Adela Rodríguez avanzó que hoy serán retirados: «Avisarei no Concello para que o fagan, ou senón fareino eu mesma». Su hipótesis es que probablemente fue un vertido provocado para llamar la atención de las administraciones: «Cando un tira entullos o fai de calquera xeito, pero neste caso están colocados sobre varios puntos determinados do muro. Penso que puido ser alguén molesto porque as administracións esquecen este xacemento e non o poñen en valor», señaló. Por parte del Concello, avanzó que se pondrán en contacto con la Dirección Xeral de Patrimonio para tratar de que cuando menos se instale algún tipo de señalización para orientar las visitas.

O CONCELLO INSTALOU UNHA NOVA MARQUESIÑA DE MADEIRA EN VILAMARTÍN GRANDE

021215 Foto marquesiña Barreiros

O CONCELLO INSTALOU UNHA NOVA MARQUESIÑA DE MADEIRA EN VILAMARTÍN GRANDE, QUE DARÁ SERVIZO TANTO AOS CATIVOS QUE COLLEN O BUS COMO AOS PEREGRINOS QUE SE DIRIXEN AOS ALBERGUES DE GONDÁN OU SAN XUSTO, A TRAVÉS DO CAMIÑO NORTE.

Barreiros, 2 de decembro de 2015. O Concello acaba de instalar unha marquesiña de madeira en Vilamartín Grande, que dará servizo aos nenos que teñen alí a súa parada de autobús e tamén aos peregrinos que necesiten descansar no seu percorrido cara os albergues de San Xusto ou Gondán, a través do Camiño Norte.

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, explicou que “hoxe deixamos instalada en Vilamartín Grande, no cruce coa estrada que vai a Trabada, unha nova marquesiña feita en madeira, xa que estamos falando do entorno do Camiño Norte. Xa antigamente había una alí en chapa e esta é moito máis ornamental e máis bonita, e vai dar servizo aos nenos que collen alí o bus e, cando o precisen, aos peregrinos que necesiten descansar nunha zona cuberta, dado que  é o remate dunha costa bastante pronunciada e dende alí xa inician a baixada ata Gondán, onde estaría o albergue, ou cara o albergue de San Xusto. Son melloras que se fan ademais no entorno do Camiño con esa dobre función”.